|
¨O CASTELO DE SANDIÁS¨
“Resume xeneral de folk-lore
de Sandiás” ¨O TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨ “Dentro d´o castillo hay un pozo con varios metros d´auga, moi oscuro, e por íl ten entrada, e debaixo hay un salón con moito ouro. Para desencantalo, hay que levar un hovo d´unha pita negra, y´a pita; ésta sóltase no salón, y´o hovo estréllase na frente a un xigante qu´está dentro c´unha machada levantada pra matar ó que vaya se non lle da co hovo…”. “Resume xeneral de folk-lore
de Sandiás” ¨O MOURO ROUBA ZAPATOS¨ “E os vellos contan que cando seus abos eran mozos xuntaron varias escadas e subiron a éla, e un que se chamaba ¨o tío curcumba¨ paseábase por´o alto e foi un mouro e marchoulle c´un zapato sin que o visen”. “Resume xeneral de folk-lore
de Sandiás” ¨A TRAIZÓN DA TORRE DE SANDIÁS¨ (NOVIDADE) Cando eu era neno, un veciño de O Castro (a aldea que está ó pé da torre) contoume a seguinte lenda: ¨Hai moito tempo un exercito de homes vidos de lonxe arrodearon a torre do Castro, pero os que alí vivían defendéronse valentemente do ataque, e non a deron tomado (os seus muros ainda hoxe impresionan). Pero unha noite, un criado abriulles a porta ás agachadas, e eles entraron e pasaron a coitelo a todos os habitantes da torre, non tendo piedade con ninguén, para logo plantarlle lume e botala embaixo¨. Non hai moito tempo lin nun libro* de historia no que aparecia reseñado este relato; o exercito eran os Irmandiños. O meu veciño dubido moito que lerá este libro, mais as lendas moitas veces teñenvos unha base real. ¨... Os sitiadores, axudados pola traizón dun criado, entraron unha noite pola portela, mataron ós defensores, e puxeronlle lume á torre, onde pereceron os familiares, derruiron a fortaleza, e voltaron a reforza-lo cerco de Allariz¨ Recollida por Xavier *¨Historia de Allariz, Vila y Corte Románica¨ A. Cid Rumbao. Dep. Prov. Ourense (1984) ¨NA PROCURA DO TESOURO DO CASTELO DE SANDIÁS¨ (NOVIDADE) ¨Fai xa moitos anos, un grupo de veciños,
tanto do Castro como das Pegas, movidos pola cobiza que un deles lle meteu
nos miolos co libro dos tesouros ou ¨Ciprianillo¨, fartáronse
de facer buratos por todo o outeiro, ata que cavando, cavando, descubriron
o pozo do castelo de pura casualidade. Ó único que sacaron
foi uns cantos xerros, ós que non deron a maior importancia, xa Fonte: Esta lenda foi recollida por J.J. Cid (O Castro - Sandiás)
|
Construcción dun castelo (Miniatura do século XIV) Mentres un talla a pedra, outro mide a vertical do muro cunha chumbada. |