|
|
||
|
¨A FONTE DO MOURO¨(1)
|
![]() |
|
| ¨A FONTE DO MOURO¨(2) “Na misma fonte hay unha moura encantada qu´está sentada n´unha silla d´ouro. Había unha rapaza qu´iba coas ovellas pro veciño ¨monte de Picos¨ e a moura aparecíaselle e peinaba moi ben con peina d´ouro; pero tiña que ser secreto, y´a rapaza contoullo a mai, entonces, a moura, comeuna; despóis ib´a mai verrando, ¨ ¡ay miña María!¨… y´a moura contestou, ¨María, Mariola, frita en aceite vay na miña barrigola¨… A mai d´esta moura tiña catro fillas encantadas na fonte; unha vez que foi un de Couso as seituras a Castilla, a vella enteirouse e deulle catro panochas de catro cornexos cada unha, para que as fose tirar á fonte e lle desencantar´as fillas; mais a condanada da muller, o ver as panochas que traía o seu home, antoxóusell´o trigo e comeulle un cornexo a unha; pero cand´o home foi cumplir ca orden da vella, tirou as outras tres panochas, unha a unha, e foron salindo hasta tres cabalos moi gordos e n´eles tres mozas moi guapas, que se marcharon; máis, o tirar a coarta, saliu un cabalo sin unha perna(efecto d´haberlle comid´o cornexo a panocha), e por tanto a moza que viña n´él non pudo marchar e continou encantada, pero deulle de regalo pr´a muller un pano encarnado de seda, que habend´o atado a un carballo no camiño, quedou éste feito un carbón, como lle pasaría a muller se o puxera…”. “Resume xeneral de folk-lore
de Sandiás” ¨A FONTE DA CRUZ DE CARDEITA¨ “A saida do pobo hay nunh´a horta da ¨Crú´de
Cardeita¨ unha fonte cuberta de zarapallada por´a veira, y´alí
sale, ó día de San Juan, antes de nacer´o sol, unha
cobra moi grande, qu´é unha persoa encantada. Trai un caravel
na boca, y´o que llo quite co´a boca d´il, ten moito
diñeiro, e s´e home, a cobra vólvese muller, e viceversa;
pero “Resume xeneral de folk-lore
de Sandiás” |
||