| O entroido en Sandiás |
| Por C.Cuquejo |
| ¨Antigoamente, o vir os días d´Entroido (domingo e martes) , faguíanse moi boas festas, con burros, carruaxes, fargalleiros, gitanas (imitación d´elas), etc…; faguían un entroido de palla e metíanlle unha buxuga d´o porco chea de sangue n´a barriga, y´o martes, o por do sol, tirábanlle tiros, hasta que sali´o sangre e cai´o entroido; todo ésto en medio de canterías, toque de latas, caldeiros, cucharas, chaves e cazolas, pandaretas, etc., agora ises festexos van desaparecedo y ecliusándose, e xa, únicamente, se ve unha carantoña que outra, ou catro rapaces que queren faguer que fan; pero desapareceu aquil humor dos vellos, armar disputas e parrafeos en verso, etc.¨ “Resume xeneral de folk-lore de Sandiás” |
"Arroufanda" en Couso de Limia. Anos 60. O Entroido é unha festa de benvida
á primavera, que comeza como esquecemento do inverno. Constitúe
un culto á terra e a súa fertilidade. O ENTROIDO EN SANDIÁS D. Urbano Santana, veciño de Sandiás, publicou no ano 1931 un artigo na revista Nós resaltando as boas festas que se facían en Sandiás o domingo e martes de Entroido, e xa lamentaba daquela a amenaza pola falla de continuidade e de participación na mesma. Foi quen de intuir o final dunha festa de carácter propio, en troques de que a xente vaia á vila ou quede na casa. Remontémonos pois un tempiño atrás para lembrar o que foi o Entroido neste concello: O Entroido comezaba unha semana antes
co domingo Corredoiro; denominábase así porque é
o día en que se comezaba a correr o entroido. Con este "tiro
de saída" abríanse as portas á troula e á
festa. Era costume tiznarse a cara co "sarrio"
que acumulaban as cazolas e as gramalleiras das lareiras, untar as mans
no pote dos porcos para pasárllelas pola cara ós demais. Coa festa diaria chegábase ós días propios do Entroido: domingo, luns e martes. Nestes días tranformábase por completo a vida tranquila dos veciños e veciñas. As bromas do Entroido teñen un senso simbólico moi profundo, que xa se puña de manifesto na Idade Media, cando o pobo se sublevaba contra das innovacións que quebrantaban o costume dos antergos. Esto pódese ver no que se llesfacía ós veciños que non participaban no Entroido ou que tiñan sona de ter mal caracter ( pendurarlle o meco na porta da casa, facerlle bromas, etc). O elemento primordial do Entroido
son as Carautas. As xentes vístense con roupas vellas, tapan
a cara, trocan de sexo, imitan oficios, etc; dando un aspecto de teatro
popular que se desenvolve no propio pobo, sendo os actores improvisados
os propios veciños, invertíndose así os valores
da vida cotiá. Son homes e mulleres vestidos con
roupas vellas e rechamantes, trocando o sexo ( homes de mulleres e viceversa).
Os fargalleiros saían á tardiña, ían en
grupos, polos barrios do pobo, e visitaban as casas dos veciños;
ían cantando e levando ledicia polas cociñas, onde se
lles daba, en agradecemento pola visita, algo de comer: chourizos, talladas
de porco, galletas, etc.
Logo destas visitas facíase festa no pobo, os veciños/as convertíanse en “músicos e danzantes” e facían bailes ó son de pandeiretas e cánticos tradicionais. Os lugares variaban según os pobos,así por exemplo:
No tocante ás máscaras
cabe facer unha mención especial en Couso e Cerredelo: dende
o domingo de Corredoiro xuntábanse as mulleres durante toda a
semana e preparaban a roupa que ían por no Entroido: levaban
unhas enaguas brancas, adornadas con follas de hedra, e flores de papel
de cores, unha blusa a que lle cosían flores e fitas de papel
de cores, por riba puñan un dengue. Na cabeza levaban un sombreiro,
unha pañoleta ou un gorro, adornado co mesmo. Saían en comparsa o Domingo
e o Martes, xunto coas outras máscaras e formando as chamadas
“Arroufandas”. Cóntannos de Cerredelo que ían
a “correr o Entroido” que consistía nun itinerario
polos pobos lindantes (Laioso, Outeiro, Castelaus...) - ¡Aí
ven a arroufanda! - berraban os veciños cando chegaban ós
seus pobos e os recibían con bailes e pandeireta. Seguían
o percorrido polos demais pobos, ata volver a Cerredelo, onde os demais
xa estaban esperando; alí facían de novo festa, os outros
marchaban e eles voltaban a facer o camiño. O aspecto gastronómico está presente nesta festa de “excesos”, na que non falta comida e viño. Normalmente comíase na casa e en familia. O porco presidía tódalas mesas: cocido, cachucha, lacón con grelos, chourizos, pedro, etc. Acompañado por ricos postres: filloas, línguas de gato. Recollemos esta cantiga de despedida do entroido, que fai referencia ó periodo de Coresma:
Outra personaxe que non pode faltar no entroido é a figura do meco. Simboliza o Entroido aínda que tamén o frío, a neve e o inverno, e de ahí a queima. A morte ou queima do meco é o fin do Entroido. Facíase en tódolos pobos do concello. Elabórase con palla , vestíase con roupa vella, destacándolle os atributos. Facíanno os rapaces ou a xente maior 15 días antes de Entroido (Sandiás) e colgábano nun pau nun cruce de camiños, ó remate do Entroido, queimábano. En Couso pendurábase o domingo de madrugada na praza e o martes íase con el dun lado para outro, para deixalo na aldea veciña (Vilariño). Tamén era usual deixarllo á porta dalgún veciño, con sona de mal carácter ou que non colaborase na festa. Ó remate do Entroido facíase a queima do meco e a lectura do testamento, que consistía nunhas copliñas nas que se recollían os acontecementos destacados de todo o ano. En Couso facíao o alguacil, e na Corga un vello do lugar ó que acompañaban a outros pobos da Veiga para dicirllo, eles devolvíanlle unha réplica ( o que lembra na forma as “regueifas”) e de novo recibían resposta; tratábase de ser o derradeiro en dicilo para que os outros non o puideran replicar.
|