|
Cronoloxía do Concello de Sandiás e dos intentos de desecación
da lagoa de Antela |
| [Neolítico a 137 a.C.] [80 d.C. a 585] [s.X a s.XV] [s.XVI a s.XVIII] [s.XIX] |
| • Neolítico - Construcción das mámoas situadas nas Leiras da Tapada (Piñeira de Arcos), monte de Sta. Mariña (Santa Ana), nas Cavadiñas (Sandiás) , e na Cortiña Nova (A Fontela). • 2400-2100 a.C. – Poboados de palafitos na lagoa de Antela. Conde-Valvís fálanos de 3 poboados lacustres de 58, 56 e 36 habitacións na zona que abrangue dende Sandiás ata Cortegada, o que demostra a gran concentración de poboación desta zona. Os achados de frechas na lagoa de Antela apuntan á caza como medio básico de subsistencia. • 2200–2000 a.C. – Pedra alta ou anta -tamén chamada Antela- , menhir que lle dará nome á lagoa. • Cultura castrexa - Poboados castrexos no monte do Castro (posteriormente construirase aquí o castelo do Castro) e no monte Pendón, preto de Piñeira de Arcos, no Montiño, preto de Santa Ana, e na Coroa, preto de Arcos. • 137 a.C. – Décimo Xuño Bruto atravesa o río do Esquecemento (Lethes). Conquista romana. |
| • 80 d.C. – Vía XVIII ou Vía Nova de Bracara a Asturica. Calzada romana construída por Tito Flavio Vespasiano, e restaurada en tempos de Maximino. A Limia é encrucillada e zona de paso dunha das principiais calzadas do Imperio Romano, polo que foi un territorio plenamente romanizado.
http://traianus.rediris.es/18limia/ • 117-138 d.C. - Época de Adriano. Posible realización das obras de canalización das augas da lagoa de Antela a través dunha canle principal, e dunha tupida rede de pequenas canalizacións ou ramais secundarios de rega. • Comezos do século
III – Descrición das vías romanas na Gallaecia polo
Itinerario de Antonino, nel aparece Geminas (Sandiás)
como unha das mansións (casa de postas) da Vía XVIII que
enlazaba Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), as dúas
cidades máis activas e poboadas da Gallaecia. • 238 d.C. – Miliarios de Zadagós (Milla LXXI) e Vilariño das Poldras (Milla LXVII) dedicados ó Emperador Maximino e ó seu fillo Máximo (235-238 d.C.). • 253 d.C. – Miliario das Santas – Couso de Limia – Milla LXVIII. Dedicado a Treboniano e Volusiano (251-253 D.C.). Coñecido como ¨O marco das Santas¨. • 293-311 d.C. – Miliario da Corga – A Corga – Milla LXX. Dedicado a Galerio (293-311 d.C.). • 378-469 – Descrición das invasións bárbaras no Cronicón do bispo Idacio (388-470) • 411-585 - Reino suevo e posterior integración no reino visigodo (585-711) – Da súa presencia quedan lembranzas na toponimia como no caso de Sandiás que ven dun nome de persoa xermánico Sánd-ila (hipocorístico do antropónimo Sando/Sandus que significa “verdadeiro”). |
| • S. X – Os condes da Limia son personaxes de importancia na Corte dos reis pola significación militar e política do territorio. • S. XII – Loitas pola posesión do condado da Limia entre Afonso VII de Castela e León e Afonso Henriques de Portugal. Posible construcción do castelo de Sandiás sobre o antigo castro nunha situación estratéxica que permite un control total do territorio. • S. XII-XIII – Apoxeo das peregrinacións a Santiago, Sandiás é atravesada pola Vía da Prata, paso obrigado dos peregrinos do norte de Portugal e do sur de España. • S. XII-XIII – Construcción da igrexa de Santa María de Couso de Limia de estilo románico con posteriores reformas (s. XVII). • 1348 – O castelo de Sandiás é propiedade do maior Fernández de Biedma. • 1386 – Acometida do duque de Lancaster, pretendente á Coroa de Castela. O castelo de Sandiás é tomado e arrasado. • 1441 – O castelo de Sandiás é posesión de Francisco Álvarez, provisor do bispo de Ourense. • 1446 – O conde de Benavente, D. Alonso Pimentel, é o señor de Allariz e do castelo de Sandiás, alberga ansias de asoballar a toda Galicia. Os Pimentel son a punta de lanza da nobreza castelá en Galicia. • 1447 – Pedro Álvarez Osorio arrebátalle a fortaleza de Sandiás ó conde de Benavente por orde de El-rei Xoán II. • 1467 – O castelo de Sandiás é desmouchado nos primeiros momentos da Revolta Irmandiña (1467-1469). Algún autor apunta que xamais foi reconstruido. • 1469-1472 - Loitas entre os nobres e as irmandades. Algúns autores afirman que o castelo foi reconstruído polos Pimentel despois de 1469, seguramente polos mesmos vasalos que o desmoucharon. • 1474-1479 - Guerra sucesoria entre a filla de Henrique IV e a súa irmá Isabel. Pedro Álvarez de Soutomaior apoia a dona Xoana mentres que o conde de Benavente apoia a que será coñecida como Isabel, A Católica. Sitio do castelo por Pedro Álvarez de Soutomaior, máis coñecido polo sobrenome de Pedro Madruga. Algúns autores afirman que foi desmouchado nese sitio. • 1480 – Orde dos Reis Católicos para a derruba das fortalezas de Galicia. Tamén é posible que fora unha das fortalezas derrubadas por Acuña e Chinchilla entre 1480 e 1483, que, a miúdo, contaban coa axuda dos restos da milicias irmandiñas. |
| • Antes de 1520 – Construcción da igrexa de Santo Estevo de Sandiás polo mestre de obras Bartolomé de Nosendo, que traballara anteriormente no mosteiro de Xunqueira de Ambia. • 1520 – Fundación do Bon Xesús de Trandeiras. Nos documentos que conta a súa fundación aparece a lenda dos mosquitos como soldados encantados do rei Artús, ademais da descrición da zona naquelas épocas. • 1535 – No Repartimento do Servicio da S.M. da provincia de Ourense aparecen as dúas parroquias: Piñeira de Arcos, Sandiás. • 1550 – Publicación do libro Descrición del Reyno de Galizia do Licenciado Molina.
• 1571 - Respostas do Reino ó interrogatorio de Felipe II para o reparto de moriscos granadino.
• 1580 – Anexión, por parte de Felipe II, do Reino de Portugal. Xoán de Santana, veciño de Sandiás, mordomo do conde de Monterrei, acompaña ó conde na campaña cunha mesnada de 250 homes mantidos e armados á súa conta. Felipe II concédelle favores en agradecemento da axuda prestada. • 1595 – Embarque de Alonso de Santana, fillo de Xoán de Santana, cara ás Indias. Figura no Catálogo de pasaxeiros ás Indias (século XVI) como criado do doutor Hernán Arias de Ugarte, oidor da Audiencia de Panamá. Ese mesmo ano embarca o conde de Monterrei, D. Gaspar de Zúñiga e Acevedo (1560-1606) para tomar posesión como vicerrei de Nova España (1595-1603) e, posteriormente, vicerrei de Perú (1604-1606). Figura no séquito outro veciño de Sandiás: Benito de Sande Yanes. • 1603-1607 – Cando é señor de Sandiás, D. Pedro Pimentel, marqués de Viana, realízase a construcción do retablo da igrexa de Santo Estevo de Sandiás, traballo que se lle encarga ó entallador Xoán Fernández O Mozo, ó pintor Francisco Feijóo, os dous de Allariz, e ó escultor Francisco de Moure. •1607 - Alonso de Santana figura como escribán de número da Imperial Vila de Potosí. •1622 - Embarque de Alonso de Santana Vilariño, natural de Santana, Fregresía de Santo Estevo, cara ás Indias. •1623
- Execución de Fidalguía de Xoán e Alonso de Santana
(residente en Potosí), irmáns, na Real Cancillería
de Valladolid.
• 1630-1640 – Xeneralízase o cultivo do millo en Galicia, inda que tarda bastante en se introducir nas labranzas do interior de Ourense, onde nunca se adaptou plenamente. • O que fora veciño de Sandiás, Alonso de Santana, escribán de número e cabildo, alcalde maior da Casa da Moeda de Potosí (virreinato do Perú, actual Bolivia ) e alguacil maior da Santa Inquisición, é un dos benfeitores, conxuntamente con Pedro de Mondragón de Azcarate, do colexio da Compañia de Xesús de Ourense, construído anexo á igrexa de Santa Eufemia (1653). •1636 - Xoán de Santana e Otalora, fillo de Alonso de Santana, acepta o cargo de Patrón do Colexio dos Xesuitas en Ourense. •1641-1645 - Na relación de familiares do Santo Oficio (Informadores da Inquisición) que hai no Reino de Galicia aparecen:
•1664 - Diego Añel de Sandiás, fillo de Xoán Añel, aparece como Colexial de Fonseca (A antiga Universidade de Santiago). Para máis información:
•1667 – Combate contra continxentes portugueses entre Bande e Sandiás na guerra hispano-lusitana (1640-1668). O peso demográfico e económico das longas guerras con Portugal caeu case exclusivamente sobre as zonas fronteirizas. • Último tercio do século XVII - Construcción do pazo do Telleiro (Couso de Limia), inda que os seus elementos máis característicos son do século XVIII. • 1710 – O capitán xeral de Galicia, o marqués de Risbourg, establécese nas cercanias da torre do Castro, actuando esta como punto de concentración de tropas para a súa posterior distribución a varios puntos da fronteira durante un episodio da Guerra de Sucesión Española (1704-1715). • 1712 – Ano da construcción da capela do pazo do Espido (As Pegas), o pazo é anterior, tal e como deducimos da data que aparece no portalón 16(...)6. • 1752 – 1753. Realización do Catastro de Ensenada. -A fregresía de Santo Estevo de
Sandiás, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle
ó marqués de Malpica, conta con 136 veciños e 250
casas, 12 delas arruinadas. - A fregresía de Santa María
de Couso de Limia, xurisdicción de Sandiás, perténcelle
ó marqués de Malpica, conta con 157 veciños e 130
casas incluídas 4 arruinadas. -A fregresía de San Xoán
de Piñeira de Arcos, xurisdicción do mesmo nome, perténcelle
ó conde de Maceda, conta con 113 veciños e 200 casas, 15
delas arruinadas. -O lugar de Zadagós, lugar da
fregresía de San Xoán de Piñeira de Arcos, xurisdicción
da vila de Xunqueira de Ambía, perténcelle ó bispo
de Valladolid, conta con 14 veciños, 1 taberna mancomunada cos
veciños da Graña.
Nestas fregresías predomina como principal cultivo o centeo, con mencións ó trigo e ó millo. Outro tipo de cultivos minoritarios eran os nabos, a ferraña, o liño e as hortalizas. Na relación de oficios do Catastro de Ensenada pódese apreciar o grande número de tecedeiras (54) que, cos seus teares, producían tecidos de liño máis alá do autoconsumo, producíndo para os mercados locais ou comarcais. Comezaron a perder a súa importancia ó non superar a competencia dos novos productos téxtiles (algodón) doutras zonas xeográficas (Cataluña), e a dificultade para mecanizar o traballo do liño. • 1751-1755 – Viaxe do ilustrado Joseph Cornide (1734-1803). De Camiño a Madrid, este ilustrado coruñes recolleu nun libro publicado en 1767 as impresións da súa viaxe.
• 1754 - Segundo viaxe a Galicia de frei Martín Sarmiento. Diario da viaxe de Madrid a Galicia.
• 1756 - Frei Xosé de Seguín, natural de Sandiás, comisario de Misións da Orde de San Francisco, é un dos fundadores do colexio de San Ildefonso de Chillán en Chile.
• 1757 - Construcción da rectoral de Sandiás. • 1763 – Real Resolución de Carlos III, os foros convirtironse na práctica en perpetuos. • 1765 – Proxecto de desaugadoiro da lagoa de Antela de D. Pedro González de Ulloa, presentado á Real Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765-1774).
Carta, mapa e proxecto de desaugamento de D. Antonio de Quintas (escribán de Sandiás segundo o Catastro do Marqués de la Ensenada do 17 de decembro de 1752) remitido á Real Academia de Agricultura do Reino de Galicia (1765-1774). Foi visto na sesión do 26 de maio de 1765. Xuntouse con outros papeis do mesmo asunto, pero lamentablemente desapareceron. • 1766 – Construcción da capela primitiva do San Bieito de Uceira. • 1768-1769 – Bienio tráxico, anos catastróficos, crises cerealeiras, azoute da fame en Galicia. • 1777 - Na Descripción de los Estados de la Casa de Monterrey en Galicia de D. Pedro González de Ulloa, xa aparece a pataca como un dos cultivos típicos da Limia, anos antes da extensión deste cultivo por Europa Central.
• 1787 - Censo de Floridablanca de 1787. Contén información sobre a estructura da poboación por sexo, idade e estado civil, xunto cunha elemental clasificación por actividade económica para todas as localidades de España. É, en opinión de expertos, o mellor censo realizado ata a data en Europa. As demarcacións de Sandiás e Piñeira contan con:
|
| •
1804 - Publicación do libro Descripción económica
del Reyno de Galicia de Lucas Labrada. Nel fálase dos intentos
dos veciños para romper os penedos de Ponte Liñares para
mellorar o desaugadoiro da lagoa de Antela, noméanos tamén
os cultivos que predominan na Limia: centeo, algún millo, moito
pasto e abundancia de gando. • 1818 – Publicación do libro Viage a Galicia o breve descripción de dos de sus carreteras. De la construida desde Astorga a La Coruña y de la que debe construirse desde Benavente a la ciudad de Orense. Con algunas observaciones acerca de de sus obras utilidad y circunstancias de dichas dos carreteras de Vicente Vázquez del Viso. Faise mención das iniciativas
propostas para ordenar o desaugadoiro da lagoa de Antela, e engade que
sería digno do desvelo do goberno que se obrigue ó conde
de Monterrei a executar a obra, ou que a realice o Estado expropiándolle
os terreos ó conde polo moito que aforraría o Estado no
fornecemento de cánabo para o departamento do Ferrol e outros peiraos
de Galicia. Dos cultivos existentes na Limia, fai mención da grande
colleita de grans e da grande cantidade de gando que se cría nos
seus pastos e tamén que se cultivan considerables colleitas de
liños e cánabo. • 1824 – O cóengo-cardeal e futuro bispo de Ourense, D. Juan Manuel Bedoya é desterrado ó Bon Xesús de Trandeiras; alí tivo ocasión de observar ben os problemas que afectaban ós pobos da lagoa de Antela. É alí onde naceu a idea de desecala, para que os pobos explotasen as terras e se mellorara a salubridade, aínda que esta obra xa se comentaba nas tertulias do cardeal Quevedo (+1818). • 1825 - O corrixidor de Xinzo de Limia, D. Xulián Toubes, máximo impulsor das obras de canalización, calculou que os traballos se beneficiarían con 24.000 ferrados de sementeira. • 1827 - Autorización por Real Orde de Fernando VII do 3 de marzo de 1827 para levantar un plano e calcular os custos das obras. • 1831 - Ocupouse de preconizar a súa continuación o cóengo-cardeal D. Juan Manuel Bedoya na Memoria sobre el desagüe de la laguna Antela o de la Limia feita nos anos 30-31 e publicada a finais de 1831.
• 1832 – O comisario de Cruzada
e mecenas, D. Manuel Fernández Varela, contribuíu cos fondos
necesarios para estas obras, que se comezaron en 1832. En 1832 estaba á fronte da obras D. Xulián Toubes. Levouse a cabo a limpeza do antigo canle de fábrica romana dende a ponte da estrada Villascastín-Vigo a Ponte Liñares. Estas obras lograron notables progresos, inda que se viron interrompidas pola oposición dos pobos da lagoa de Antela que temían que se lle ocuparan os pastos.
Os datos do concello de Sandiás que nos da o Diccionario Geográfico Universal (Barcelona, Anos: 1831, 1832, 1833) son:
• 1834 – Coa morte de Fernández Varela e o cambio de destino de Toubes cesan os traballos na lagoa. Abolicións dos señoríos xurisdiccionais. Creación dos partidos xudiciais. Derrogación definitiva do Santo Oficio. Presentación á raiña María Cristina de Borbón da Carta xeométrica de Galicia, de Domingo Fontán. Nela recóllese o trazado da estrada entre A Portela e A Canda, O Padornelo e Vigo, pasando por Ourense, tal e como se construíu. • 1836 – Creación do Concello de Sandiás, pertencente ó Partido Xudicial de Xinzo de Limia. Este componse das parroquias de Santo Estevo de Sandiás, Santa María de Couso e San Xoán de Piñeira de Arcos. Anteriormente, neste primeiro tercio do século XIX, houbo tres concellos constitucionais, un por cada parroquia. Sandiás e Couso pertencían ó Partido Xudicial de Celanova, mentres que Piñeira de Arcos pertencía ó de Xinzo de Limia. • 1837 – Guerra Carlista (1834-1840) - Aparece en Xinzo o xefe carlista Mateo Guillade, que fiaba nun gran movimento tradicionalista na Limia. Atrinchéirase con 30 homes en Ordes, nas obras ordeadas sobre o plan de Bedoya e do corrixidor Toubes para o desaugadoiro da lagoa de Antela, sostendo un combate coas forzas constitucionais do comandante D. Juan Gualberto Corcuera. Constitución de 1837. Desamortización
de Mendizábal. Carta xeométrica de Galicia (París, 1845) de Domingo Fontán, o primeiro mapa realizado con métodos científicos de Galicia. • 1847 – Xustificación no Boletín Oficial da Provincia dos gastos das obras realizadas polo Sr. Toubes. • 1849 - A poboación do concello de Sandiás en 1849 segundo o Diccionario Madoz, era de 422 Veciños, e 2.110 habitantes.
• 1852-1853 – Grave crise económica en Galicia, as fames de 1852 e 1853 son as derradeiras crises de subsistencia. En 1855 a provincia de Ourense inda estaba extenuada pola fame. • 1860 - Censo de poboación de 1860 do concello de Sandiás e da súa gandería, segundo reconto oficial de 1865. No 1860 publicóuse o primeiro Censo español.
• 1863 – Construcción
da igrexa de San Xóan de Piñeira de Arcos. Informe do doutor Suárez de Allariz sobre a necesidade da desecación da lagoa de Antela para a erradicación de enfermidades infecciosas. • 1866 – Publicación
pola empresa para executar as obras do desaugadoiro do libro La empresa
para el desagüe y saneamiento de la laguna Antela, a los pueblos
de la Limia, por D. Francisco Javier Mugártegui y Parga, Diputado
Provincial de Pontevedra. • 1873 – Guerra Carlista
(1872-1875). O xefe carlista Vicente Sabariegos, comandante xeral de Galicia,
entra en Xinzo e reorganiza as súas forzas en Couso de Limia, ó
abrigo dos montes. • Durante os anos dos proxectos anteriormente nomeados apareceron numerosas obras que tratan de aspectos relacionados coa lagoa de Antela, sobre todo as relacionadas cos achados arqueolóxico
• Década de 1880 – Crise agrícola de fíns do século XIX. Principio da emigración en Galicia. |