| Contos | |
|
![]() |
¨DO NOSO SEÑOR E SAN PEDRO¨ ¨Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitonos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis´…, máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨!ay, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deixe co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro¨… ¨O SERRÓN DO SAN XOSɨ ¨San José, como era carpinteiro, unha vez, canso de tirar por´o serrón, que non lle cortaba ben, púxose a descansar, e, mentres tanto, foi o demo e torceull´os dentes, unhos pra un lado e outros pr´outro. Cando San José volveu coller o serrón, éste cortáballe moito mellor, y´uservou como tiñ´os dentes e, desde entonces torceullos il mismo, y´os carpinteiros posteriores fan´o todos qu´e o que lle chaman ¨lizar¨ ou ¨dar lizo¨; y ásí, o demo, querendo faguer un mal, fixoll´un ben a San José, y´a todol´os carpinteiros¨. “Resume
xeneral de folk-lore de Sandiás” CONTOS DO ALÉN ¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(1) A proceseón d´as ánemas é unha cousa que antes daba moito que falar. Hoxe son ben contados os que creen n´ela. ¨Cando van en proceseón –decían- fan ceremonias como enterros: levan entre catro o cadáver, outras van chorando, outras fan de cegos e van cantando responsos¨, etc… ¨Todos os viernes van de visita a casa ond´a morrer algunha persoa¨. ¨Se lle meten a cruz ou a vela a algún vivo, ten que andar na proceseón alumenado (alumean con hosiños) e ir a visita de viernes, pero despóis non sabe onde foi¨. ¨Unha vez era un mozo que andaba n´ela e levou unha tella e fixo un risco na parede ond´a porta d´onde entraba e pr´outro día anduvo mirando por´as portas do pueblo e foi dar co risco ond´a porta d´unha tía, sabendo así que alí fora de visita e iba morrer algún da casa, como así foi.¨ ¨O que ande na proceseón, ten que ir sempre que salgan as outras, e non vale marchar pro extranxeiro; pois un foi para Portugal, e viña andar na proceseón¨. ¨S´algún día fai resistencia para levantarse da cama e ir, danlle en tirar por´as uñas dos pés e non ten outro remedio que ir.¨ ¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(2) ¨Un mozo quitoulle a vela a unha, e, o confesarse, dixoll´o cura; éste mandouno ir esperar a procesión, o mismo sitio, e metería na man a que fose sin éla. Foina esperar, e detrás de todas viña unha sin vela, y´entonces meteullá na man, e dixéronlle: ¨suerte tuveches¨, e seguiron. ¨A PROCESIÓN DAS ÁNIMAS¨(3) ¨O que anda na proceseón e lle pode meter a vela ou a cruz a´lguién, métenlla, y´as outras axúdanlle, en caso de que anden mal a gusto con éla¨. ¨D´unha vez un mozo, vindo da tuna, viu vir a proceseón; entón tumbouse, porque así non poden fagerlle nada, e decián o chegar ond´él, faguendo moito aire: ¨eiquí cheira a vivo, cheira¨… y´él contestaba: ¨cheira pan de nogueira¨… “Resume
xeneral de folk-lore de Sandiás”
|
|